Amamos los coches clásicos

somos los masajistas, fisioterapeutas y estilistas de tu coche

Amamos os coches clásicos

O que el necesita é amor

Un vehículo clásico é moito máis que un vehículo antigo.

Para os que amamos os coches, son un proxecto, unha paixón e un mundo de sensacións: un vehículo clásico é o máis parecido a un amigo sobre rodas.

Cada un significa lembranzas, vivencias, sensacións e moitas satisfaccións para o seu propietario.

O que ti necesitas é axuda

Gustaríache dedicarlle todo ese tempo, coñecementos e coidados que non sempre tes.

Un vehículo representa un investimento máis aló do diñeiro. É un proxecto, unha afección, unha forma de vida. E moitas veces é demasiado para ti só se non tes axuda.

Que facemos en Garaxe 59?

Compartimos a túa enfermidade. Somos dos  que soñan con coches e non entenden a vida sen volante. Estamos aquí para botarche unha man.  Desde unha pequena axuda mecánica ata encargarnos de todo o proxecto

.

Imos disfrutar casi tanto coma ti.
Imos aló?

Restauracion mecánica

Mantemento, reparación ou restauración mecánica de vehículos clásicos.

Sabemos como tratar os máis veteráns.

Recambios difíciles

Busca de recambios orixinais en provedores, almacenistas e fabricantes internacionais.

Localización, tramitación e importación.

Asesoría técnica de clásicos

Especializados en localizar, avaliar, tasar e vender. Buscamos compradores e vendedores para o teu coche.

E xestionamos todo o papeleo.

En que che podemos botar unha man?

Ese coche que tes parado desde hai 20 anos. Ese proxecto que non puideches acabar por non sei que. Ese vehículo que te tivo namorado de noviño e que agora non das localizado ningún. Esa avaría que se che resiste porque che falta unha peza imposible…

Chámanos tranquilamente e cóntanos que precisas.